O PPdeG recomenda que se leve o caso da axente electoral perante a Xustiza e que se depuren responsabilidades

Os “populares” recomendan que se trasladen os feitos á Xustiza para que se continúe investigando e se depuren responsabilidades. O voceiro parlamentario, Manuel Ruiz Rivas, e o voceiro na Comisión, Antonio Rodríguez Miranda, afirmaron que o traballo da mesma foi “unha pantomima”. O presidente do PPdeG, Alberto Núñez Feijóo, asegurou que a comisión de investigación serviu para demostrar que tanto o presidente da Xunta, Emilio Pérez Touriño, como o vicepresidente, Anxo Quintana, “non son de fiar”. O voceiro da comisión de investigación do PSdeG, Xaquín Fernández Leiceaga, asegurou que o ditame alternativo do PPdeG “condena” o ex conselleiro de Emigración do PPdeG, Aurelio Miras Portugal.