Os populares solicitarán papeis que aclaren se Blanco traballou para os socialistas na campaña das autonómicas de 2005, valéndose dos cartos de todos os galegos. Ademais, tamén solicitarán novas comparecencias como a do conselleiro de Presidencia, José Luís Méndez Romeu, e dos responsables de Viticultores do Castro e de Unións Agrarias. O PPdeG tamén pedirá novas comparecencias perante a Comisión. Así o anunciou o secretario xeral dos populares galegos, Alfonso Rueda, quen asegurou que os testemuños recollidos ata o de agora non fixeron senón intranquilizar á opinión pública. Pola súa banda, o líder do PPdeG, Alberto Núñez Feijóo, pediu a dimisión do conselleiros de Traballo, Ricardo Varela, e máis do de Presidencia, José Luís Méndez, así como a do alcalde de Muxía, Félix Porto, e da deputada Marisol Soneira polo seu vencellemento con financiamento da suposta axente electoral do PSdeG.