Os empresarios galegos amosaron a Núñez Feijóo a súa preocupación pola evolución da economía española e galega, e especialmente polo parón das infraestruturas en Galicia e as dificultades para investir en solo industrial.
Pola súa banda, a directiva do Centro Galego expuso o seu interese por voltar a Galicia e sinalou que se ve dificultado pola eliminación das liñas de baixo custe e máis pola esixencia aos seus fillos e netos de ter que superar probas en galego para o exercicio da medicina e o acceso á función pública e á educación.
No Reino Unido viven uns 15.000 galegos, o 20% dos españois residentes no país.