O PP reclama ao Goberno que non haxa diferenzas entre os netos no acceso á nacionalidade

Segundo a senadora do PP, a instrucción emitida polo Ministerio de Xustiza para regular o acceso á nacionalidade dos netos, que fixa un prazo temporal moi estrito –de 1936 a 1955- e unha situación moi concreta –o exilio político- ha crear españois de primeira e españois de segunda en todos os países do mundo.