Como xustificación, explicou que o partido «non ten cartos» para todas as persoas que acudan porque se trata de «unha invitación modesta», polo que considerou que cómpre establecer algún control para acreditar que os asistentes ao mitin son galegos. Feijóo fixo estas declaracións tras publicarse no xornal 'La Voz de Galicia' que Alfredo Enríquez Badas, concelleiro do PP no municipio ourensán de Bande e xefe de campaña dos populares na Arxentina, enviara un correo electrónico no que indicaba que quen quixesen ir ao mitin deberían presentar o pasaporte.