O PP levará ao Congreso a proposta de Feijóo de que os votantes do exterior acheguen coa papeleta unha fotocopia do pasaporte ou do DNI

Para o líder dos populares, trataríase dunha reforma sinxela “en nome da democracia e da ética” para lograr a maior transparencia posible do voto exterior mentres non se habilite o voto en urna.