“Esta é unha proba máis de como Touriño se vale de fondos públicos para facer campaña para o seu partido. É que non aprende?”, afirmou Rueda. Pola súa banda, o presidente do Partido Popular en Arxentina, Avelino García Melle, sinalou nun comunicado que, “sendo o Día das Letras Galegas un dos actos oficiais do Goberno de Galicia, dirixidos a toda a colectividade galega, un acto que por sobre calquera outro valor ten o de unirnos tras a nosa lingua común (…), é que nos preguntamos por que foron repartidos en Bos Aires e exhibidos nas entradas de distintos locais públicos de España (…) folletos que (…) estaban realizados coas cores e o logotipo do PSOE de Bos Aires (…) e non coa visual característica das comunicacións da Xunta de Galicia”.