O Parlamento galego debate a creación dunha comisión que investigue o caso da axente electoral do PSOE

O voceiro do Grupo Parlamentario dos populares galegos, Manuel Rivas, confía en que a comisión sirva tamén para que a Xunta dea conta da investigación interna que abriu e informe de “que é o que se descubriu e a quen se vai a cesar”. O voceiro nacionalista, Carlos Aymerich, aproveitou para lembrar que o BNG xa advertiu ao PPdeG e o PSdG que estaban “a preparar o terreo” para estes “escándalos” cando na primavera do pasado ano negáronse a que o relatorio para a reforma da lei electoral puidese traballar con “axilidade” e ter un texto presentado nas Cortes antes das eleccións xerais. “O problema non é que haxa un caso concreto, senón que hai dous partidos que se negan a reformar a lexislación electoral e que están a utilizar cartos públicos para captaren votos en América”, denunciou.