Na sesión plenaria, o voceiro parlamentario do PSdeG, Ismael Rego, considerou necesario investigar supostas anomalías cometidas por anteriores gobernos do PP, do mesmo xeito que o voceiro nacionalista, Carlos Aymerich. O voceiro parlamentario do PSDEG, Ismael Rego, negou “rotundamente” que a muller, María Isabel Branco Rodríguez, fose axente electoral socialista e xustificou que a Secretaría Xeral de Emigración da Xunta financiase a súa viaxe a Bos Aires en plena campaña electoral dos pasados comicios locais co argumento de que ía visitar un familiar “en situación de invalidez”. O xefe do Executivo galego, Emilio Pérez Touriño, afirmou que esta comisión de investigación contribuirá a “clarificar e a pechar sombras e dúbidas sobre a participación política dos emigrantes”, e subliñou que as súas conclusións “serán asumidas plenamente polo Executivo de Galicia”.