“Se temos en conta que principiamos en xaneiro deste ano, realmente coido que nos podemos dar por satisfeitos, aínda que o noso obxectivo a curto prazo é que a obra social sexa autosuficiente para cubrir os seus gastos mensuais e para iso é fundamental incorporar á xente nova”, afirmou. Seoane adiantou que a Xunta de Galicia realizará próximamente unha achega “moi importante” que será destinado á reestruturación integral do hospital e á remodelación de máis de 150 das súas habitacións, segundo se puso de manifesto na reunión que a conselleira de Sanidade, María José Rubio, mantivo co padroado da Fundación Galicia Saúde durante a súa última visita á Arxentina.