O novo Goberno non asume a esixencia do BNG de modificar o proceso electoral no exterior

Entre as cuestións expostas polo BNG, Jorquera sinalou que “puxemos enriba da mesa a urxencia de acometer unha reforma en profundidade do sistema de voto dos residentes ausentes”. O deputado recordou tamén que “non é de recibo que o futuro político de Galicia estea condicionado por un censo de 300.000 electores que residen no exterior” e puxo de manifesto as irregularidades que propicia o actual sistema de votación.