O Museo da Emigración Galega de Bos Aires acolle unha exposición de pintura en memoria de Manuel Cao

A inauguración da mostra tivo lugar o 29 de setembro nos salóns do Museo e poderá ser visitada ata o 15 de outubro, de martes a sábados, de 18 a 21 horas. A exposición contén obras de Benito Quinquela, Luís Seoane, Lino Enea Spilimbego, Laxeiro, Raúl Soldi, Manuel Cordeiro, Cesáreo Bernaldo de Quirós, Florencio Molina, Pablo Lameiro, Juan Carlos Castagnino, José Palmeiro, Pedro Figari, Juan Antonio Viana, Vicente Forte e Leopoldo Presas, entre outros.