“A colectividade debe continuar mantendo viva a chama e non esquecer que aquí estiveron Rafael Dieste, Castelao, Díaz Pardo e moita xente que dende Arxentina seguíu a traballar en prol de Galicia”, dixo. Molina reuníuse tamén coa delegada da Xunta de Galicia na capital arxentina, María Xosé Porteiro, e co secretario de Cultura do Goberno arxentino, José Nun, con quen tratou distintas cuestións vencelladas á celebración en 2010 do bicentenario da Revolución de Maio. Neste senso, adiantou que ambos os dous gobernos asinarán un convenio de colaboración para rehabilitar o Teatro Cervantes.