Fundado en 1932, o instituto serviu para pór en práctica as ideas de progreso pedagóxico da Institución Libre de Ensino: coeducación, racionalismo, liberdade de pensamento e expresión, unha metodoloxía activa e contacto coa natureza. Para botar adiante esta iniciativa chegaron desde España unha serie de profesores entre os que destacou Ramón Martínez. Nado en Boiro (A Coruña) en 1907, Martínez foi cesado en 1937 como profesor en Lisboa por mor da Guerra Civil española e tivo que exiliarse en Francia, Arxentina e EEUU. En 1971 regresou a España e convertéuse en presidente do Partido Galeguista e en director do Seminario de Estudos Galegos. Morreu en Pontevedra en 1989.