O Goberno arxentino solicitará a retirada do libro de chistes sobre galegos

Nun encontro que tivo lugar na Casa Rosada, sede do Goberno arxentino, Xullo César Cobos, presidente en funcións da República Arxentina, vicepresidente do Goberno e presidente do Senado da nación, comprometeuse con Touriño a solicitar ao INADI (Instituto Nacional contra a Discriminación, a Xenofobia e o Racismo) a súa intervención para que Editorial Suramericana retire da venda o libro ‘Súper chistes galegos’, que causou a indignación da colectividade galega de Arxentina.