000 euros aproximadamente, para acadar liquidez. Non é a primeira vez que o Fogar ten este problema, xa que hai unha diferenza entre a cantidade que pide a entidade ao Goberno español –titular dos terreos nos que está ubicada- e á Xunta e a que finalmente se recibe. Ademais, o orzamento do Fogar para 2008 remitiuse en xaneiro e foi en outubro cando se aprobaron as axudas, que non serán transferidas ata o vindeiro mes. Peña subliñou que a entidade, catalogada como “o buque insignia da colectividade española en Uruguai”, ten o respaldo das asociación.