Este acto enmárcase na viaxe oficial que realiza unha delegación da Consellería de Educación a esta cidade. Os representantes do Goberno galego subliñaron que, dentro da convocatoria conxunta de bolsas da Consellería de Educación e da Secretaría Xeral de Emigración destinadas a descendentes de galegos que residan no estranxeiro para estudaren ensinos superiores, este ano se inclúe por primeira vez unha liña de axudas para a realización de estudos de formación profesional de grao superior.