Entre os máis de 150 invitados que acudiron ao acto figuraron o cónsul xeral de España en Londres, José Ignacio Carvajal; o presidente do Centro Galego e anfitrión do evento, Nicolás Miño Suárez; e toda a directiva da Xestora do PP no Reino Unido. O secretario xeral da Xestora, Rodrigo Rodríguez Minguela, sinalou que en Londres existen 50.000 españois censados, dos cales tan só unha quinta parte exerceu o seu dereito ao voto nas últimas eleccións. Entre outras cousas, Michavila avogou polo contrato de inmigrantes proposto por Rajoy, que outorgue os mesmos dereitos e obrigacións aos traballadores procedentes doutros países e que coadyuve á súa total integración na sociedade española.