O Encontro de Empresarios Galegos en Rede impulsa os negocios de galegos residentes e do exterior

Pronunciouse neste sentido na terceira edición do Encontro de Empresarios Galegos en Rede, que reuniu en Santiago de Compostela os días 27 e 28 de xaneiro a 550 patróns de orixe galega, o que supón douscentos máis ca na cita anterior. Anunciou que á vindeira edición sumaranse novos países. Fernández Antonio, na clausura do Encontro, salientou a importancia de consolidar os contactos realizados polos empresarios nesta iniciativa organizada polo Instituto Galego de Promoción Económica (Igape). Indicou que a iniciativa constitúe «un excelente medio para a identificación de oportunidades de negocio, para o desenvolvemento de canles de distribución e novos negocio», así como para promover unha maior internacionalización da economía galega a partir da posta en común de información como paso previo ás vías de alianza e cooperación internacional.