O documental ‘Coa alma na terra’ recolle as experiencias de 22 mulleres que emigraron solas

Trátase dun traballo que recolle as experiencias de 22 mulleres da bisbarra de Terras de Trives que emigraron solas deixando atrás os seus homes e familias. Ao acto acudiu o secretario xeral de Emigración da Xunta, Manuel Luís Rodríguez. Nos municipios de San Xoán de Río, A Pobra de Trives e Manzaneda foron moito as mulleres que emigraron solas, sendo seguidas logo polos seus homes e familias na meirande parte dos casos. O obxectivo do traballo, financiado pola Fundación Comarcal Terras de Trives, é amosar a realidade dunha emigración menos coñecida ca dos homes: a das mulleres que cargaron ás súas costas, solas, a tarefa de sacar adiante á familia que quedaba aquí.