A Xunta destinará dous millóns de euros para a asistencia sanitaria, a reforma e a mantenza de edificios e instalacións, as obras de nova planta e a financiación das liñas estratéxicas establecidas no plano de viabilidade do centro. Este foi aprobado logo de que a titularidade do hospital voltase á Casa de Galicia despois de que o centro fose intervido polo Goberno uruguaio perante a situación de crise económica que padecía.