O Consello da Cultura Galega catalogará as escolas financiadas por emigrantes en Lugo e Ourense

O orzamento é de oitenta e cinco mil euros e será afrontado ao cincuenta por cento polas dúas institucións. O traballo realizarase durante este ano e supón unha continuidade do que ven desenvolvendo o Consello da Cultura a través do Arquivo da Emigración Galega.