O Centro Social de Maiores ‘Miguel de Cervantes’ de Londres rexeitou a visita de Núñez Feijóo para “evitar escenas de contenda política”

Iraola salientou que a visita ao centro do ministro de Traballo do Goberno español, Jesús Caldera, en xuño de 2006 contituíu un caso distinto, porque se debeu á entrega da Medalla de Ouro da Emigración ao Clube de Xubilados, predecesor do centro, e ademais “as autoridades do Goberno e da Administración española” sempre foron moi ben recibidos na entidade.