No acto participaron o director do proxecto, Luís Alonso Girgado, e secretaria xeral de Política Lingüística da Xunta, Marisol López. Trátase dos sete números da revista ‘Saudade’ (México, D.F., 1942-53), subtitulada ‘Verba galega das Américas’, voceiro do Grupo Saudade e da Irmandade Galeguista de México e unha das poucas publicacións xornalísticas da nosa diáspora escrita en galego na súa totalidade; os catro únicos números da revista ‘Mundo’, editada en Bos Aires entre 1951 e 1952; a segunda etapa do semanario ‘Galicia’ (A Habana, 1904-1905), dirixido por Vicente López Veiga; os 74 números do semanario ‘O Galego’ (Bos Aires, 1879-80), unha iniciativa xornalística pioneira de César Cisneros Luaces; e o número do 25 de abril de 1915 da revista cubana ‘Bohemia’, adicado ao Centro Galego da Habana.