O premio Entreculturas está dotado con 12.000 euros, dos cales 6.000 van dirixidos a reforzar os vencellos de irmandade entre os pobos, premiando o labor altruísta, significada ou relevante dunha persoa ou entidade do mundo hispánico e da emigración. Os restantes 6.000 euros concédenselle a unha persoa ou entidade de ámbito pontevedrés ou galego destacada pola súa solidariedade, integración, intercambio e apoio entre os pobos. O xurado estivo presidido polo presidente da Deputación de Pontevedra, Rafael Louzán.