O Centro Galicia de Bos Aires inaugura o cadro restaurado ‘A malla’ de Luis Seoane

Ao acto asistiron o secretario xeral de Emigración da Xunta, Manuel Luís Rodríguez, e a delegada do Goberno galego en Bos Aires, María Xosé Porteiro. As tarefas de restauración foron posíbeis grazas á achega efectuada pola Secretaría Xeral da Emigración, a través do programa de recuperación do patrimonio galego.