O festexo desenvolveuse no Complexo Polideportivo de Carrasco, onde o seu presidente, Julio Ríos, explicou que xa comprou a estrutura metálica para construíren o ximnasio pechado, o que aumentará a posibilidade de actividades durante todo o ano neste fermoso centro deportivo. A celebración desenvolveuse coa participación dun grupo xuvenil que, con instrumentos de corda e vento, encheu a cea dunha música xenial, celebrada con cálidos e fortes aplausos. Tamén o grupo Raigames amosou o seu bo facer bailando danzas galegas modernas e clásicas.