O borrador da Lei da Cidadanía Galega no Exterior fixa novas condicións para as entidades

Ademais, establece outras condicións para que sexan recoñecidas e a creación dun rexistro de entidades. Son ducias os centros no exterior que xa contan coa ‘galeguidade’ pero non cumpren algún dos requisitos. O borrador non di que pasará con eles, se terán que modificar os seus estatutos ou que medida concreta se tomará dende a Xunta. Por outra banda, o borrador recolle que os centros e entidades galegos no exterior que desexen obter o recoñecemento da Xunta deberán “necesariamente acoller na súa denominación ‘galego/a’ ou ‘Galicia”. Así as cousas, moitas entidades deberán cambiar o seu nome, como todas aquelas que fan referencia a un partido xudicial.