O BNG presenta no Congreso unha proposición de lei que suaviza os requisitos para que os residentes no exterior poidan participar nas eleccións locais

Trátase dunha iniciativa practicamente igual ca a presentada polos nacionalistas na Cámara autonómica pero cunha importante novidade. Na proposición de lei indícase que para votaren nas eleccións municipais os residentes no exterior deberán acreditar un vínculo efectivo co municipio como é residir nalgún momento no mesmo nos dez últimos anos anteriores á data de celebración dos comicios. Na proposta presentada polo Bloque no Parlamento galego establécese que só poderán votar nas eleccións locais quen residan no concello.