O BNG pregunta que vai facer a Xunta para facilitar o achegamento á atención sanitaria dos retornados de Suíza

O deputado lembra que estas persoas non teñen acceso á tarxeta sanitaria gratuíta –agás se ven recortada a súa pensión nunha porcentaxe moi elevada- se a contía da prestación económica recoñecida en Suíza excede o Iprem (516,90 euros/mes).