O BNG de Uruguai homenaxea o seu voceiro Manuel Saa no acto de apertura da súa nova sede

Manuel Saa, un veterano odontólogo que veu a Uruguai sendo un neno, actualmente voceiro do BNG, foi homenaxeado por políticos uruguaios e galegos, así como tamén pola ex presidente do Padroado da Cultura Galega e a súa propia familia diante de case un cento de nacionalistas. Ao longo dos dous días que os visitantes nacionalistas galegos estiveron en Montevideo mantiveron xuntanzas con distintos colectivos galegos e políticos uruguaios, salientando a charla ofrecida por Beiras na sede da AEGU, a asociación de empresarios galegos.