O parlamentario nacionalista denunciou que nos devanditos comicios a Comunidade Autónoma perderá outro representante, reducíndose por cuarta convocatoria electoral a súa representación, cando o seu censo electoral medrou notabelmente. “Esta incongruencia que atinxe á saúde democrática prodúcese porque a Lei Orgánica do Réxime Electoral Xeral (LOREG) toma como base a poboación e non o censo electoral para distribuir os escanos entre as distintas provincias”, dixo.