O alcalde de Lugo impulsa en Bos Aires a creación dunha Escola de Hostelería no Centro Galicia

Entre os proxectos presentados destaca o da Cámara de Comercio de Lugo de crear unha Escola de Hostelería que funcionará no Centro Galicia de Bos Aires. O obxectivo é que os alumnos “saian cun contrato de traballlo e podan ser empregados polos empresarios do sector turístico de Lugo”, dixo Orozco.
O alcalde reuníuse coa Asociación de Empresarios Galegos de Arxentina (AEGA), que preside Rafael Osvaldo Méndez, e con máis de 250 paisanos na sede do Centro Galicia de Bos Aires. Ademáis, visitou as instalacións de Ospaña, a obra social dos emigrantes españois e os seus descendentes residentes en Arxentina, ubicada na sede do Centro Galego de Bos Aires, onde foi recibido polo delegado da Fundación Galicia Saúde, Evaristo Oroña Marcote, e mais o Fogar Galego para Anciáns de Domselaar, a 60 quilómetros da capital. López Orozco convertéuse tamén no primeiro alcalde galego en visitar a Delegación da Xunta de Galicia en Arxentina, inaugurada a principios de outubro.