Feijóo recordou a sucesión de compromisos de Touriño nas súas viaxes ao exterior: a Cidade da Cultura, as bolsas de estudos, o voto en urna, a nacionalidade… O presidente do PPdeG visitará o 15 de xaneiro o Hospital Español e reunirase cos emigrantes da Asociación Cultural Cabaleiros de Santiago e do Clube Español. Feijóo tamén manterá cadansúa xuntanza co cónsul xeral de España en Salvador de Baía, Antonio Polidura, e co gobernador do Estado de Baía, Jacques Wagner.