Núñez Feijóo manifesta en Londres o seu compromiso coa emigración

O dirixente popular mantivo varias xuntanzas de traballo con directivos de entidades españolas na capital británica e participou nun acto de entrega de carnés do partido. A directiva do Centro Galego explicoulle os problemas dos emigrantes galegos para retornaren. A Coordenadora do Centro da Terceira Idade ‘Miguel de Cervantes’ rexeitou recibilo alegando motivos de independencia política. O PP lembrou que o ministro de Traballo, Jesús Caldera, si estivera no centro.