Núñez Feijóo estenderá o cartón sanitario a todos os emigrantes e implantará o voto en urna no estranxeiro

Namentres que durante os últimos catro anos, o Goberno bipartito limitouse a considerar os emigrantes como simple «mercancía electoral», para o PPdeG, «os emigrantes son, por enriba de todo, galegos aos que estamos obrigados, por xustiza histórica e social, a prestarmos servizos». Así se manifestou o candidato popular á Presidencia da Xunta en Zúric, a cidade máis populosa de Suíza, nun acto que contou coa asistencia dun nutrido grupo de galegos que traballan no país helvético.