Noutro intre da súa intervención, afirmou que coa decisión da Xunta Electoral acabouse «a fraude electoral que tanto queren os socialistas». Feijóo salientou a necesidade de pór un fin «ao Goberno de escusas» do bipartito. Así o asegurou en Bos Aires perante dez mil persoas segundo os seus propios datos, que superou a convocatoria que un día antes asistiu ao mitin que o candidato polo PSdeG, Emilio Pérez Touriño, realizara na mesma cidade.