Núñez Feijóo acusa os socialistas de ter unha “dobre moral” sobre o voto en urna dos emigrantes

Así, demandou que a subcomisión creada no Congreso aprobe a proposición de lei este mes de setembro, algo que, segundo dixo, é “unha prioridade para o PP de Galicia e de España”. Feijóo avisou de que se os votos dos emigrantes galegos “non chegan en urnas de cristal” nas próximas autonómicas, “non será responsabilidade” do PP.