com baixo o título ‘A miña nai era a aia do Che Guevara’. No artigo, que tamén foi publicado por ‘España Exterior’, nárrase a historia de Carmen Arias, unha emigrante galega que traballou como aia do mítico persoeiro. O xurado valorou , ademais do traballo de investigación, a mistura de dous xéneros como a entrevista e a reportaxe. Os autores souberon da existencia de Carmen polo escritor galego Xosé Neira Vilas, pero non puideron reconstruír a relación da muller co Che ata que acadaron contactar con Alfredo Gabela, o seu fillo, que é quen narra a historia.