O conselleiro de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza da Xunta de Galicia, José Luís Méndez Romeu, afirmou no Parlamento de Galicia que a creación das delegacións da Xunta no exterior fíxose a través dun decreto porque o Goberno considerou que non era axeitado que a actuación de carácter asistencial fixérase mesturando funcións que poden facer entidades de carácter cooperativo ou asociativo -como os centros galegos- con outras especificamente administrativas ou representativas, “que lle corresponden á Administración da Xunta e que deben ser exercidas por persoal propio da Administración”.