Medio milleiro de persoas participan nos cursos do programa ‘Escolas Abertas’ en Montevideo

O secretario xeral amosouse gratamente impactado pola xeneralizada participación nos cursos, que abrangueron desde computación para emigrantes maiores ata lingua galega, gaita e baile, pasando polo voluntariado social. Neste último participou un grupo de oficiais da Policía uruguaia.