Nun programa de Radio Occitanie na localidade gala de Toulouse, Soneira animou os residentes no exterior a «pelexarse sempre polos seus dereitos ao voto» e criticou o candidato galego do PP, Alberto Núñez Feijóo, do que sinalou que «desprezou o voto dos residentes no exterior ao considerar que non influiría nas eleccións». No programa tamén interveu, aínda que por teléfono, o secretario xeral de Emigración da Xunta de Galicia, Manuel Luís Rodríguez, que defendeu as políticas de emigración do presidente galego Emilio Pérez Touriño e do presidente do Goberno central José Luís Rodríguez Zapatero.