Mariano Rajoy reunirase coa colectividade española durante a súa visita a Bos Aires e Montevideo

O acto de Uruguai celebrarase nas instalacións do Centro Galego de Montevideo no barrio de Carrasco o 15 de decembro, mentres que o de Bos Aires terá lugar no Centro de Exposicións Costa Salguero de Bos Aires o día 16. Fontes do PP informaron de que se está a xestionar cadansúa entrevista de Rajoy coa presidenta de Arxentina, Cristina Kirchner, e o alcalde de Bos Aires, Mauricio Macri.