No acto inaugural, o responsábel de Emigración do Goberno galego fixo un chamamento para “revalorizarmos o patrimonio histórico, ético e económico da emigración galega”. ‘Nós Mesmos’ estará instalada no Salón ‘Maruxa Boga’ da Delegación da Xunta en Bos Aires durante un mes. A inauguración desta exposición é un dos eventos sobranceiros da programación do Mes de Galicia en Arxentina. A mostra está composta por 62 paneis organizados en 7 capítulos.