Manuel Luís Rodríguez defende o voto dos emigrantes durante a súa visita a diversos centros de Suíza, Alemania e Liechtenstein

Os centros visitados por Rodríguez foron Promoción da Cultura Galega de Zurich, A Nosa Terra de Zug, Asociación Sementeira de Basel, Val do Rhin e o Centro de Liechtenstein. O secretario xeral explicou as diversas actuacións desenvolvidas polo seu departamento, salientando a posta en marcha do programa de axudas para gastos de funcionamento e a eliminación das axudas que “xeraban un negocio”.