Máis de 150 persoas participan nas I Xornadas de Empresarios Galegos na Arxentina

Salientábeis autoridades dos Gobernos arxentino e galego acudiron a este evento que serviu para promover as relacións empresariais entre Galicia e a Arxentina. O presidente da Asociación de Empresarios Galegos Nina Arxentina (AEGA), Osvaldo Méndez, foi o encargado de inaugurar estas xornadas. O secretario xeral de Emigración da Xunta e presidente da Fundación Galicia Emigración, Manuel Luís Rodríguez, afirmou que “temos perante nós a oportunidade histórica de convertirmos a Galicia na porta de entrada á Unión Europea para os empresarios de Latinoamérica”.