Esta galega emigrada a mediados do século pasado faleceu aos oitenta anos. Dionisia abandonou o seu Cedeira natal en 1952 camiño de Bos Aires co seu home e fillo, quen sería secuestrado en 1976 polos militares e cuxo corpo non chegou a aparecer nunca. Dionisia integrouse en Nais da Praza de Maio, onde acadou o alcume de “a galega da Zona Norte”, en referencia á organización que presidía no devandito sector de Bos Aires. O Bloque Nacionalista Galego (BNG) e a asociación de mulleres emigrantes en Arxentina ‘Herbas de Prata’ emitiron cadanseu comunicado lamentando a súa morte.