Liberan o empresario galego secuestrado en México hai dous semanas

O rapto saldárase co asasinato do seu chofer e gardacostas, cuio cadáver foi introducido no maleteiro do turismo, abandonado posteriormente.
O rapto estivo arrodeado dun mutismo total por petición expresa da súa familia para que nada interferise na negociación cos secuestradores, que –isto si se soubo- contactaron cos familiares. Tamén trascendeu que os autores do secuestro enviaron ao domicilio do empresario varios dedos como proba de que estaba vivo.
Este secuestro eleva a máis de 20 os sufridos durante a última década por empresarios ourensanos radicados en México e Venezuela.