Inaugurada na Coruña unha exposición sobre o exilio galego en Venezuela

‘O exilio galego en Venezuela’ esta composta de 19 paneis de 91×1.70 con máis de 100 fotos que narran a chegada desde 1940 dos exiliados galegos a Venezuela ata chegar aos seus descendentes e a súa participación nas loitas guerrilleiras da Venezuela dos 60 ou no goberno revolucionario bolivariano dos 90. A exposición ‘Latinoamérica portas abertas’ é o traballo do fillo do exiliado galego comandante Soutomaior, Federico Fernández, quen naceu no exilio francés e desenvolveu un intenso labor guerrilleiro en Venezuela nos anos 60 para logo converterse nun dos máis importantes fotógrafos de Latinoamérica e acadar o Premio Nacional de Fotografía en Venezuela en 1995. ‘Latinoamérica portas abertas’ recolle unha visión de Ecuador, Colombia, Nicaragua e Venezuela entre 1972 e 1998.