Homenaxean en Montevideo ao sindicalista galego-uruguaio Juan José Ramos

Vpolíticos e líderes de opinión destacaron o seu labor polo benestar dos traballadores e do país en xeral, como un exemplo a ser imitado. O presidente en exercicio do país, Rodolfo Nin Novoa, salientou que Ramos “posuía unha visión nacional” e recordou o seu labor como apicultor, engadindo que, “como as abellas, era bravo e picador, pero xerador dun produto nobre”. No auditorio estaba a nai do homenaxeado, Florentina Alvite, emigrante de Santa Corda (o seu pai, José Ramos, emigrante de Mazaricos, morreu hai pouco tempo); a súa viúva, Laura Costa, e os seus fillos, Pilar e Ignacio.